Lourizán acolleu a primeira reunión nacional de expertos sobre conservación e utilización de recursos xenéticos forestais

Lourizán acolleu a primeira reunión nacional de expertos sobre conservación e utilización de recursos xenéticos forestais

o encontro participaron especialistas do CIF de Lourizán e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, promotor da iniciativa

O CIF de Lourizán acolleu os días 12 e 13 de marzo a primeira reunión nacional de conservación e utilización de recursos xenéticos forestais.

Este encontro, organizado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración coa Xunta, e cofinanciado con fondos Feader a través do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural, serviu para analizar a situación en canto á oferta e demanda de materiais forestais de reprodución mellorados en España.

Tamén se avaliaron as necesidades futuras dentro das actuacións do Plan nacional de Mellora Xenética Forestal e do Grupo operativo sobre recursos xenéticos para o abastecemento sustentable de madeira de calidade de coníferas (Genmac), no que participa Galicia a través de Lourizán, como centro de referencia na materia dentro de España.

Nas xornadas participaron como relatores responsables do propio MAPA, do Instituto Nacional de Investigación Agraria e Alimentaria (Inia), de empresas especializadas como o grupo público Tragsa e do CIF de Lourizán. O programa do evento completouse con varias sesións de debate en grupos e cunha visita ás instalacións do centro. 

Más información: https://lourizan.xunta.gal/gl/novas/lourizan-acolleu-primeira-reunion-nacional-de-expertos-sobre-conservacion-e-utilizacion-de

No Comments

Post A Comment